Boaventura de Sousa Santos pelo Mundo / Boaventura de Sousa Santos around the World
XORNADAS DECOLONIAIS - Sábado tarde
2016-02-20

XORNADAS DECOLONIAIS: “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos sen Estado” Este encontro constitúe un esforzo para establecer pontes políticas comúns entre a Europa dos pobos sen estados e a Europa dos pobos racializados provenientes da historia colonial. A xenealoxía histórica entre estas dúas Europas son distintas. Unha vén da historia do colonialismo interno (nacións sen estado) e outra da historia do colonialismo externo (cidadanía racializada). O feito de que hogano haxa poboación europea da historia colonial, fai que a distinción entre colonialismo externo e interno colapse. O que os une actualmente é que estas poboacións son hoxe en día cidadanía de segunda clase dentro de Europa discriminada por razóns étnicas (linguas, culturas, identidades, etc.) e/ou por razóns raciais. A Europa das nacións sen estado en xeral sofre discriminación étnica, mentres que a Europa dos suxeitos racializados da historia colonial sofre fundamentalmente discriminación racial. Isto non nega momentos de discriminación racial cara a algunhas nacións sen estado e momentos de discriminación étnica cara aos pobos racializados. A realidade é que en moitos casos o que se esconde detrás da discriminación étnica ou nacional é discriminación racial. O feito de que estas poboacións sexan discriminadas na actualidade nos seus dereitos cidadáns e comunitarios pola ficción da estado-nación, constitúe un punto común que une as loitas pola soberanía das nacións sen estado e as loitas pola liberación dos grupos racializados. A discriminación colonial contra as nacións sen estados e a cidadanía racialmente discriminada segue viva a través da institucionalidade doestado-nación imperial, malia non existir xa en case ningunha parte administracións coloniais. A dominación dunha nación sobre outra ou dunha raza sobre outras, segue vixente non soamente nas relacións de Europa co resto do mundo senón ao interior do propio territorio europeo. Isto fai que o proxecto de descolonizar Europa sexa un asunto aínda inconcluso. A loita pola soberanía, o dereito á autodeterminación e a liberación descolonial seguen vivos na Europa hoxe. De aí a importancia dun diálogo político entre as cidadás e cidadáns europeos que sofren hoxe en día cidadanías de segunda clase. PROGRAMA: 16:30 a 18:30 h.- As Epistemoloxías do Sur: Pensar dende o Sur, para o Sur e co Sur na Europa Actual. - Dew Baboeram (Decoloniality Europe-Holanda) - Montse Galcerán Huguet (Profesora Filosofía, Universidad Complutense de Madrid) - Javier García Fernández (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Díaz del Moral) - Zesar Martínez García (Profesor de Socioloxía, Universidade do País Basco) - Jurjo Torres Santomé (Catedrático de Universidade de Didáctica e Organización Escolar, Universidade da Coruña) Moderadora: Sandra Pesqueira Pérez (Concelleira e portavoz da Marea de Marín). A idea desta mesa é discutir o que significa producir un pensamento crítico desde o Sur. Se o Sur non é un espazo xeográfico, senón unha localización en relacións de dominación colonial e neocolonial, existe un Sur dentro do Norte. Trátase de producir un pensamento crítico desde o Sur, é dicir, desde as nacións sen estado e desde a cidadanía racializada provinte da historia colonial. A idea é buscar políticas e formas institucionais de organizar isto. 18:30 a 19:00 h.- Descanso. 19:00 a 21:00 h.- “Unha epistemología do Sur para unha Europa Decolonial” Boaventura de Sousa Santos: (Catedrático de Socioloxía pola Universidade de Coimbra e profesor de Dereito na Universidade de Wisconsin-Madison, Estados Unidos). Organiza: Grupo Esquerda Unitaria Europea - Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e Alternativa Galega de Esquerda en Europa. Colabora: Decoloniality Europe. Rede de académicos/as e intelectuais decoloniais europeos/as que busca xerar pensamento crítico sobre a hexemonía política e intelectual de Occidente, e buscar alternativas epistemolóxicas e políticas na decolonizalización do pensamento científico.